sábado, 8 de junio de 2019

Sobre a totalitarización do gueto


O primeiro borrador deste texto leva escrito máis dunha semana, concretamente desde o día seguinte aos sucesos que narra. Se tardou tanto en saír á luz é para respectar os tempos e os ritmos de persoas e sensibilidades que se viron dun xeito ou outro afectadas.
 Con todo creo que é necesario expoñer publicamente os feitos lamentables que pasamos a describir, no convencemento da necesidade dunha reflexión pública e serena respecto de todo isto. A verdade sempre é revolucionaria, e ocultar uns sucesos tan graves só servirá para evitar que o conxunto do movemento libertario poida extraer os oportunos ensinos que se puidesen derivar. Ademais, manter no ámbito privado semellantes humillacións reforza a falsa idea de culpabilidade de todos os agredidos.
 Por último e non menos importante escribo esto por necesidade. Para sacar para afora toda a merda que traguei sen razón. Escribo con fin terapéutico, para aliviar a dor. Outros prefiren calar. Eu podo tragar merda, pero dende logo que non direi que sabe a fresas.
É por todo iso que aquí queda a crónica do sucedido o sábado pasado no Aturuxo, desde o parcial punto de vista dun dos que non lle quedou outra que padecelo:
Sobre a totalitarización do gueto:
Do día en que me quixen solidarizar e fixéronme prisioneiro de guerra.
 Onte, primeiro de xuño, fomos convocados un numeroso grupo de activistas na okupa compostelá O Aturuxo dás Marías. Tratábase dunha "alerta feminista", dixéronnos, era moi importante que  fósemos os homes dos movementos  contestatarios galegos, pois as compañeiras tiñan algo grave que dicirnos. Sabiamos que se produciran algunhas agresións dentro do entorno e intuíamos que aquilo sería unha chamada de atención colectiva respecto diso.
 Alí aparecemos máis de medio cento de homes relacionados dun xeito ou outro co entorno activista. Moitos queriamos saber o que pasara e sentiámonos comprometidos a tratar o tema e ofrecer algún tipo de resposta. Outra xente que estaba convocada non puido ou quixo acudir. Tras unha longa espera na porta da okupa abriron o paso e fixéronnos subir ao piso de arriba. Alí, atónitos, atopamos as fiestras e paredes empapeladas coas nosas fotos e nomes; polo menos habería un centenar.
 De súpeto irromperon as mozas, superaban amplamente a trintena, viñan moi serias e enfadadas. Repartiron rotuladores  e dixéronnos que marcásemos un "si" sobre as nosas fotos os que se recoñecesen como agresores. Tamén nos cominaron a denunciar aos demais. Aos poucos a xente comezou a sinalarse a si mesma, no medio dun clima cada vez máis enrarecido pola presión grupal. Algúns sinalaban tamén a outros; houbo quen marcou absolutamente todas as fotos, coñecéraos ou non. Fomos moi poucos os que nos negamos a participar deste proceso  autoinculpatorio, o ambiente de condicionamento colectivo era moi forte e opresivo.
 Unha vez terminado o rosario de denuncias e "confesións" empezaron a marcar elas aos que consideraban agresores. Caemos case todos. Non deron explicacións e a berros dixéronnos que non tiñamos permitido falar. Algúns aínda seguimos devanándonos os miolos tratando de saber o motivo polo que fomos sinalados. A tensión aumentou. Increpáronnos, ameazáronnos, gritáronnos. Dixéronnos que todos eramos violadores, que ninguén era inocente e que, como homes, encubriamos as agresións dos demais (e eu que sempre pensei que iso o faciamos todxs, independentemente do sexo).
 Pública e expresamente declaráronnos a guerra, así nolo dixeron, e manifestaron que querían romper as relacións connosco (os homes do seu entorno). Dixéronnos que ninguén se salvaba, que éramos armas de destrucción masiva, que teriamos que cortarnos as pollas e meternos cactus polo cu. Leron varios manifestos absolutamente delirantes nun clima de hostilidade crecente. Nós, sumisos, agachabamos a cabeza.
 Foi entón cando comezaron as agresións. Primeiro de xeito máis localizado, contra xente concreta. Insultos, berros, labazadas, cuspiron nas caras de varios. Ninguén fixo nin dixo nada. Logo viñeron as patadas e os puñetazos. Entendo que aínda se centraban en vinganzas concretas por feitos especialmente graves, pero pronto as agresións volvéronse gratuítas e arbitrarias: unha moza díxolle a alguén mentres o abofeteaba que non sabía quen era pero que non lle gustaba a súa mirada. Ningún faciamos nada mentres arreciaba a violencia. O que mais hostias levou foi un que pintara un interrogante sobre a súa foto, parodiando o proceso  autoinculpatorio; recibiu unha auténtica malleira mentres un cordón de mulleres, en actitude chulesca, defendía a agresión. Nunca na miña vida vira un abuso semellante salvo, quizais, nos lúgubres calabozos dalgunha comisaría.
 Unha vez despachadas a gusto, obrigáronnos a marchar, pero antes as mozas formaron un pasillo na porta. Segundo iamos saíndo comezaron a repartir golpes: sopapos, empurróns, labazadas... Gratuítos, pola cara. Mesmo a xente que non fora sinalada como agresora e cun comportamento escrupuloso e intachable. Daba igual, eran homes. Esa mesma mañá saudában con sorrisos e agora cruzábannos a cara a labazadas.
Saímos como zombis, as bocas abertas e a mirada perdida. Apenas falabamos, incrédulos, tratando de dixerir o que acababa de pasar. As nosas amigas, as nosas compañeiras de loita, para algúns mesmo as súas noivas, de golpe tratábannos do mesmo xeito que o faría a policía. Acabábannos de humillar, vexar e  torturar da forma cruel e gratuíta típica dos antidisturbios. Poida que alguén o merecese, pero a maioría desde logo que non. Asistimos inermes a un linchamento público.
E aínda por riba a maioría de nós quedamos marcados como agresores. Sen nin sequera saber o por que! Unha condena sumaria da que non temos dereito a coñecer as causas. Nin o propio  Kafka podería idear un sinsentido tan terrorífico. 
 Non puiden evitar acordarme dos procesos autoinculpatorios nas purgas  estalinistas, con antigxs revolucionarixs asumindo falsas culpas no camiño do cadalso. Das asembleas de "autocrítica" maoísta, baseadas na destrución do ego de quen cuestionase ao partido. Dos xuízos farsa de Sendero Luminoso, nos que xs acusadxs pedían perdón polos seus crimes e desviacións antes de ser executados publicamente con sadismo e crueldade.
 Nunha sorprendente pirueta do destino vímonos convertidos nas bruxas e elas nos  inquisidores. Aquilo foi un auténtico auto de fe, asumindo culpas que non nos pertencian baixo o opresivo peso dos dogmas. Tragando inmerecidas humillacións confundidos por absurdos anatemas ideolóxicos. Castigados colectivamente nunha persecución baseada na nosa condición física e a nosa orientación sexual. O que, de toda a vida, denominouse como unha auténtica caza de bruxas.
 É certo que as agresións sexuais merecen un castigo, un rexeitamento colectivo e a elaboración de análises e protocolos que permitan recoñecelas e atallalas. Pero cando permitimos que a indignación por un feito horrible provoque respostas abusivas e indiscriminadas contra colectivos enteiros pola súa condición física ou sexual, creamos o caldo de cultivo que desemboca inexorablemente na creación do discurso totalitario.
 Ninguén pode negar o  patriarcado, os privilexios que temos os homes sobre as mulleres, as agresións sexuais, a desigualdade estrutural... Nin sequera no tocante aos nosos micro-ambientes no gueto. Pero xustifica iso a humillación e a violencia á que fomos sometidos polo mero feito de ser homes? É certo que as mulleres sufriron en silencio moitas inxustizas durante moitos séculos, é certo que sofren aínda agora, e nos nosos propios círculos, numerosas opresións. Pero na miña opinión iso non xustifica unha vinganza humillante e colectiva contra TODOS os homes aos que conseguiron reunir. Xusto os que acoden a unha "alerta feminista", ou sexa que moitos deles, en certo xeito, son dos poucos que nesta sociedade tratan de cuestionarse os seus propios privilexios.
 Querían dinamitar as relacións co entorno: conseguírono. De feito xa non estou moi seguro de que exista un "entorno".
 Querían que tivésemos medo: triunfaron. Pero aquí o medo non cambiou de bando, só de xénero. E dubido moito que se estenda máis aló dos que simpatizabamos dun xeito ou outro co seu discurso. Agora sabemos que a nosa condición de homes, independentemente dos nosos actos, pode carrexarnos vinganzas cegas e irracionais.
 E agora asáltame unha dúbida: máis ou menos todos sabiamos nos nosos ambientes as pautas polas que guiarse cando un grupo de homes humillaba e agredía colectivamente a mulleres só pola súa condición. Que facer cando son elas as que voluntaria e  premeditadamente sitúanse no papel do agresor?
                                                                                                                                        Un de tantos



___________________________________

CASTELLANO:

Sobre la totalitarización del gueto:
Del día en que me quise solidarizar y me hicieron prisionero de guerra.
 Ayer, primero de junio, fuimos convocados un numeroso grupo de activistas en la okupa compostelana O Aturuxo das Marías. Se trataba de una "alerta feminista", nos dijeron, era muy importante que fuéramos los hombres de los movimientos contestatarios gallegos, pues las compañeras tenían algo grave que decirnos. Sabíamos que se habían producido algunas agresiones dentro del entorno e intuíamos que aquello sería una llamada de atención colectiva al respecto.
 Allí aparecimos más de medio centenar de hombres relacionados de un modo u otro con el entorno activista. Muchos queríamos saber lo que había pasado y nos sentíamos comprometidos a tratar el tema y ofrecer algún tipo de respuesta. Otra gente que estaba convocada no pudo o quiso acudir. Tras una larga espera en la puerta de la okupa abrieron el paso y nos hicieron subir al piso de arriba. Allí, atónitos, nos encontramos con las ventanas y paredes empapeladas con nuestras fotos y nombres; al menos habría un centenar.
 De repente irrumpieron las chicas, superaban ampliamente la treintena, venían muy serias y enfadadas. Repartieron rotuladores  y nos dijeron que marcáramos un "si" sobre nuestras fotos los que se reconocieran a sí mismos como agresores. También nos conminaron a denunciar a los demás. Poco a poco la gente comenzó a señalarse a sí misma, en medio de un clima cada vez más enrarecido por la presión grupal. Algunos señalaban también a otros; hubo quién marcó absolutamente todas las fotos, los conociera o no. Fuimos muy pocos los que nos negamos a participar de este proceso autoinculpatorio, el ambiente de condicionamiento colectivo era muy fuerte y opresivo.
 Una vez terminado el rosario de denuncias y “confesiones” empezaron a marcar ellas a los que consideraban agresores. Caímos casi todos. No dieron explicaciones y a gritos nos dijeron que no teníamos permitido hablar. Algunos aún seguimos devanándonos los sesos tratando de saber el motivo por el que fuimos señalados. La tensión aumentó. Nos increparon, nos amenazaron, nos gritaron. Nos dijeron que todos éramos violadores, que ninguno era inocente y que, como hombres, encubríamos las agresiones de los demás (y yo que siempre pensé que eso lo hacíamos todxs, independientemente del sexo).
 Pública y expresamente nos declararon la guerra, así nos lo dijeron, y manifestaron que querían romper las relaciones con nosotros (los hombres de su entorno). Nos dijeron que ninguno se salvaba, que éramos armas de destrucción masiva, que tendríamos que cortarnos las pollas y meternos cactus por el culo. Leyeron varios manifiestos absolutamente delirantes en un clima de hostilidad creciente. Nosotros, sumisos, agachábamos la cabeza.
 Fue entonces cuando comenzaron las agresiones. Primero de forma más localizada, contra gente concreta. Insultos, gritos, bofetadas, escupitajos. Ninguno hicimos ni dijimos nada. Luego vinieron las patadas y los puñetazos. Entiendo que aún se centraban en venganzas concretas por hechos especialmente graves, pero pronto las agresiones se volvieron gratuitas y arbitrarias: una chica le dijo a alguien mientras lo abofeteaba que no sabía quién era pero que no le gustaba su mirada. Ninguno hacíamos nada mientras arreciaba la violencia. El que más hostias llevó fue uno que había pintado un interrogante sobre su foto, parodiando el proceso autoinculpatorio; recibió una auténtica paliza mientras un cordón de mujeres, en actitud chulesca, defendían la agresión. Nunca en mi vida había visto un abuso semejante salvo, quizá, en los lúgubres sótanos de alguna comisaría.
 Una vez se hubieron despachado a gusto, nos obligaron a marcharnos, pero antes las chicas formaron un pasillo en la puerta. Según íbamos saliendo comenzaron a repartir golpes: collejas, empujones, bofetadas... Gratuitos, por la cara. Incluso a gente que no había sido señalada como agresora y con un comportamiento escrupuloso e intachable. Daba igual, eran hombres. Esa misma mañana los saludaban con sonrisas y ahora les cruzaban la cara a bofetadas.
 Salimos como zombis, las bocas abiertas y la mirada perdida. Apenas hablábamos, incrédulos, tratando de digerir lo que acababa de pasar. Nuestras amigas, nuestras compañeras de lucha, para algunos incluso sus novias, de golpe y porrazo nos trataban del mismo modo que lo haría la policía. Nos acababan de humillar, vejar y torturar de la forma cruel y gratuita típica de los antidisturbios. Puede que alguno lo mereciese, pero la mayoría desde luego que no. Habíamos asistido inermes a un linchamiento público.
Y aún por encima la mayoría de nosotros quedamos marcados como agresores. ¡Sin ni siquiera saber por qué! Una condena sumaria de la que no tenemos derecho a conocer las causas. Ni el propio Kafka habría podido idear un sinsentido tan terrorífico.
 No pude evitar acordarme de los procesos autoinculpatorios en las purgas estalinistas, con antiguos revolucionarios asumiendo falsas culpas de camino hacia el cadalso. De las asambleas de “autocrítica” maoísta, basadas en la destrucción del ego de quién cuestionara al partido. De los juicios farsa de Sendero Luminoso, en los que los acusados pedían perdón por sus crímenes y desviaciones antes de ser ajusticiados públicamente con sadismo y crueldad.
 En una sorprendente pirueta del destino nosotros nos vimos convertidos en las brujas y ellas en los inquisidores. Aquello fue un auténtico auto de fe, asumiendo culpas que no nos pertenecian bajo el opresivo peso de los dogmas. Tragando inmerecidas humillaciones confundidos por absurdos anatemas ideológicos. Castigados colectivamente en una persecución basada en nuestra condición física y nuestra orientación sexual. Lo que, de toda las vida, se denominó como una auténtica caza de brujas.
 Es cierto que las agresiones sexuales merecen un castigo, un rechazo colectivo y la elaboración de análisis y protocolos que permitan reconocerlas y atajarlas. Pero cuando permitimos que la indignación por un hecho horrible provoque respuestas abusivas e indiscriminadas contra colectivos enteros por su condición física o sexual, creamos el caldo de cultivo que desemboca inexorablemente en la creación del discurso totalitario.
 Nadie puede negar el patriarcado, los privilegios que tenemos los hombres sobre las mujeres, las agresiones sexuales, la desigualdad estructural. Ni siquiera en lo tocante a nuestros micro-ambientes en el gueto. ¿Pero justifica eso la humillación y la violencia a la que hemos sido sometidos por el mero hecho de ser hombres? Es cierto que las mujeres han sufrido en silencio muchas injusticias durante muchos siglos, es cierto que sufren aún ahora y en nuestros propios círculos numerosas opresiones. Pero en mi opinión eso no justifica una venganza humillante y colectiva contra TODOS los hombres a los que consiguieron reunir. Justo los que acuden a una “alerta feminista”, o sea que muchos de ellos, en cierto modo, son de los pocos que en esta sociedad tratan de cuestionarse sus propios privilegios.
 Querían dinamitar las relaciones con el entorno: lo han conseguido. De hecho ya no estoy muy seguro de que exista un “entorno”.
 Querían que tuviéramos miedo: han triunfado. Pero aquí el miedo no ha cambiado de bando, solo de género. Y dudo mucho que se extienda más allá de los que simpatizábamos de un modo u otro con su discurso. Ahora sabemos que nuestra condición de hombres, independientemente de nuestros actos, puede acarrearnos venganzas ciegas e irracionales.
 Y ahora me asalta una duda: más o menos todos sabíamos en nuestros ambientes las pautas por las que guiarse cuando un grupo de hombres humillaba y agredía colectivamente a mujeres solo por su condición. ¿Qué hacer cuando son ellas las que voluntaria y premeditadamente se sitúan en el papel del agresor? 


                                                                                                        Uno de tantos